Estes recursos presentados pola nosa profesora sobre as páxinas web e os seus usos, podemos dividilos ao meu entender en tres categorías diferenciadas en gran medida pola temática que presentan.
A primeira temática coa que nos encontramos e o galego, un montón de páxinas onde se nos presenta o galego nas novas tecnoloxías, onde se reflexa que pouco a pouco o galego vai adquirindo maior importancia nos medios de comunicación e nas novas tecnoloxías, un exemplo claro do avance é a incorporación do galego a nova versión do navegador Opera.
A segunda liña temática coa que nos encontramos son os noticiarios, paxinas web coas que podemos estar ao dia dos novos avances tecnolóxicos, inovacions no campo da ensinanza, a incorporación continua das novas tecnoloxías na nosa ensinanza, ou simplemente novas formas lúdicas e entretidas de ensinar. Ademais nestes noticiarios podemos observar técnicas, recursos e incluso actividades empregadas por outras escolas e os resultados que obtiveron no seu emprego.
E a ultima liña temática e a de xogos, onde se ensina o profesor as maneiras de dar clases, xogos interactivos onde o alumnado aprendera a sumar, restar, ler e escribir usando as novas tecnoloxías, ademais amósanse apps ou páxinas web para ensinar os seus alumnos e alumnas.
O meu parecer unha das páxinas que mais me gustou e me pareceu mais interesante foi a de genmagic onde se nos presentan un montón de xogos para a aprendizaxe das matemáticas, musica, letras … cos que os nenos aprenden o mesmo tempo que se están a divertir. Outra cousa que me chamou moito a atención foi o forte avance que esta a sufrir o galego coas novas tecnoloxías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario