viernes, 5 de febrero de 2016

Recursos

Os recursos mostrados para a creación do blog son de diversos tipos. Por exemplo, algúns eran páxinas web totalmente en galego ou mostraban aplicacións para facer descargas neste idioma, un utensilio moi bon, xa que o galego está moi pouco presente na rede, e mediante estas aplicacións poderíamos traducir certas páxinas e facer modificacións nelas.
 Outros eran mapas interactivos sobre os diferentes países e as suas capitais, ríos, montañas ou incluso a cultura. Tamén xogos de todo tipo para coñecer as cores ou os números; estas páxinas interactivas son moi útiles nas aulas xa que son unha forma diferente e máis amena de ensinar.
Tamén a utilización de vídeos para mostrar certos contidos das materias son unha práctica acertada, que rompe coa rutina diaria das clases maxistrais onde o profesor ou profesora fala e os/as estudantes escoitan ou realizan exercicios. Estes vídeos están presentes nos recursos mencionados anteriormente.
Por outro lado, observase tamén webs informativas para os e as docentes acerca de cursos de actualización profesional, cursos para a formación en novas tecnoloxías, e incluso ideas para empregar nas aulas.
Por último, nestes recursos aparecen tamén “revistas”, nelas búscase (na maioría), e cito textualmente as palabras de unha delas: “Píxel-Bit, Revista de Medios y Educación persigue ser un canal de distribución e intercambio de ideas e información entre investigadores de diferentes países y comunidades preocupados por la introducción, mejora y entendimiento de las TIC en los procesos de formación.
Con esta versión digital pretendemos, no sólo ofrecer un fácil acceso a todos los documentos ya publicados, sino también ofrecer nuevas herramientas como la búsqueda de artículos por diferentes criterios; que los autores que han enviado manuscritos para su publicación conozcan el estado de los mismos en el proceso de revisión-evaluación-aceptación-publicación a través de OJS”.

As web son un recurso moi útil, que poden ser empregadas de diversas formas e así axudar a un mellor desenvolvemento da eduación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Free Earth Cursors at www.totallyfreecursors.com