Os recursos mostrados para a creación do blog son de diversos
tipos. Por exemplo, algúns eran páxinas web totalmente en galego ou mostraban aplicacións
para facer descargas neste idioma, un utensilio moi bon, xa que o galego está
moi pouco presente na rede, e mediante estas aplicacións poderíamos traducir
certas páxinas e facer modificacións nelas.
Outros eran mapas
interactivos sobre os diferentes países e as suas capitais, ríos, montañas ou
incluso a cultura. Tamén xogos de todo tipo para coñecer as cores ou os
números; estas páxinas interactivas
son moi útiles nas aulas xa que son unha forma diferente e máis amena de
ensinar.
Tamén a
utilización de vídeos para mostrar certos contidos das materias son unha
práctica acertada, que rompe coa rutina diaria das clases maxistrais onde o
profesor ou profesora fala e os/as estudantes escoitan ou realizan exercicios. Estes
vídeos están presentes nos recursos mencionados anteriormente.
Por outro lado,
observase tamén webs informativas para os e as docentes acerca de cursos de
actualización profesional, cursos para a formación en novas tecnoloxías, e
incluso ideas para empregar nas aulas.
Por último,
nestes recursos aparecen tamén “revistas”, nelas búscase (na maioría), e cito
textualmente as palabras de unha delas: “Píxel-Bit,
Revista de Medios y Educación persigue ser un canal de distribución e intercambio de
ideas e información entre investigadores de diferentes países y comunidades
preocupados por la introducción, mejora y entendimiento de las TIC en los
procesos de formación.
Con esta versión digital pretendemos, no sólo ofrecer un
fácil acceso a todos los documentos ya publicados, sino también ofrecer nuevas
herramientas como la búsqueda de artículos por diferentes criterios; que los
autores que han enviado manuscritos para su publicación conozcan el estado de
los mismos en el proceso de revisión-evaluación-aceptación-publicación a través
de OJS”.
As web son un recurso moi útil, que poden ser empregadas de
diversas formas e así axudar a un mellor desenvolvemento da eduación.